lunes, 4 de abril de 2011

Os novos métodos de colonización.


Aparentemente os recursos alimenticios producidos actualmente  non son suficientes para todos, posto que a malnutrición e as hambrunas  son realidades existentes en gran parte dos países do globo. Isto non é certo, posto que a cantidade de alimento producido é suficiente para manter a unha poboación maior ca actual. Logo, ¿como é posible que se dea esta situación nunha gran parte dos países do mundo?
Un dos factores que inflúe agravando esta situación é o que actualmente se coñece como “neocolonialismo agrario”. Isto é, a adquisición, tanto por venda como por alugamento,  de terras por parte de países ou grandes empresas privadas.  Estas entidades claro que empregan estas vastas extensións de terras para o cultivo, pero moitas veces non para producir alimento para o consumo humano, e moito menos producilo para o consumo da poboación autóctona.
A produción e maioritariamente de materias primas, como pode ser o algodón, posto que gracias ao baixo custo das terras e a súa maior produtividade, sae moito máis rendible. Tamén destaca o alto cultivo de cereais ou de especies como caña de azucre ou soia. ¿A súa finalidade? A fabricación de carburantes.
Nalgúns países , esta práctica afecta moito máis, debido a que aínda non se adoptou un modelo de propiedade individual, senón que cada quen ten as súas terras e cultívaas. Este é o caso de practicamente todo o continente africano, onde da noite a mañá os agricultores que levaban toda a súa vida cultivando unhas terras, vense sen elas e sen a posibilidade de obter recursos para a súa subsistencia, nin de acceder a unha industria posto que nestes países non esta desenvolta aínda.
Como non podía ser menos, as grandes multinacionais aproveitan a ocasión, posto que as facilidades e beneficios que ofrece a curto prazo parece que pesan máis ca ética.
A pregunta que moitos nos facemos e como pode ser legal esta práctica, ou como non pode ser detida polos países.  A resposta é  ben simple: o sistema capitalista no que vivimos. Calquera impedimento a venda ou alugamento de terras a outro país interrompería a liberdade de intercambios a nivel global.
Chegados a este punto parece que para que en países desenvoltos podan levar o nivel de vida que acadaron na actualidade, noutras partes do mundo a realidade teña que ser outra ben distinta.