sábado, 25 de junio de 2011

Altruísmo ou intereses?

As entidades privadas e outras organizacións non pertencentes ao goberno sempre aportaron parte do capital destinado ao desenvolvemento doutros países necesitados, tendo sempre un papel secundario, sempre por detrás das entidades públicas.  Esta situación tornouse non hai moito.

Dende a crise da débeda do ano 1982 e xunto co crecente papel dos mercados, empezou a aumentar a importancia deste sector privado en canto aos aportes caritativos a outros países. Pero, detrás desta máscara non sempre se oculta a filantropía, se non que atopamos outra finalidade ben distinta, a de lavala cara diante de clientes e consumidores, ofrecendo así unha imaxe bonita destas poderosas entidades, a quen ben pouco lles importa o desenvolvemento destes países, salvo que sexa para o seu propio interese.

As entidades privadas mostraron por agora, unha maior efectividade e eficiencia a hora de subministrar estas inversións en desenvolvemento que as organizacións de carácter público, que dende os anos noventa levan reducindo o seu aporte a causa, en parte presionados polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e a Banca Mundial. Así países como EEUU ou Xapón destinan menos dun 0,20 % do seu PIB a este tipo de accións, sendo igual na maioría dos países industrializados e deixando así un papel protagonista ao sector privado.




O papel destas empresas nestas rexións desfavorecidas e fundamental, iso esta claro. Pero tamén hai que ter en conta os verdadeiros  intereses destas empresas que actúan supostamente de maneira altruísta. Por unha banda estas empresas buscan unha maneira de quedar ben ante a poboación e os consumidores, pero por outra banda, como estas empresas só deben render contas ante accionistas e inversores, e non ante a poboación autóctona da rexión, por eso actúan como lles parece. Así pois obteñen beneficio das pésimas condicións laborais, podendo así explotar a estes novos traballadores durante horas con salarios ínfimos, sendo incluso menores de idade. Tamén deixa bastante que desexar a súa política medioambiental, posto que causan grandes danos ecolóxicos.
Todo isto cunha unica finalidade: o beneficio de quenes xa son ricos a costa dos que non o son, e o seguirán sendo.



Unha cousa esta clara, eles poden axudar a levantar o mundo, pero a que prezo? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario